Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sucinta consideración sobre a complexidade de definición do fenómeno poético e mesmo do que este signifique para o suxeito que a el se achega como autor ou lector. Manuel María lembra a este fío algúns dos seus poemas, correspondentes a diferentes momentos da súa traxectoria. Nun deles afírmase que o obxectivo da poesía é agrandar o mundo e facelo plural. Noutro dise que un poema é un ser vivo que nunca morre e ao que lle pasan cousas semellantes ás que acontecen a calquera muller ou home. Noutros versos recoñécese o imprescindíbel da palabra poética e talvez da arte, ou do amor, para a vida merecer ese nome. Con estes exemplos documenta unha forma de desconcerto perante a poesía e mais unha convicción, a de que non é o mesmo ser poeta que escribir versos. Sinala: "un de si mesmo sabe que escribe versos. O que non sabe é se será ou non será poeta". A seguir destas notas preséntase unha singular colección de poemas. Son tres sonetos que se acompañan de sucesivas glosas en metro e discurso máis directo e popular que os acaídos á forma culta ou libresca da poesía. Os seus temas son os fundamentais na poética de Manuel María e neles asenta con claridade a súa específica opción estética. Fálase así da palabra poética, da lingua, da terra, da historia, do amor, do tempo e da morte.

Bibliografía secundaria sobre:
Manuel María.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org