Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Méndez Ferrín, X. L. (2011)
"Hai cento cincuenta anos", No fondo dos espellos (suplemento El Sábado)
Faro de Vigo: 714, (02/07/2011). pp. 4.

Consideración sobre o significado actual dos Xogos Florais coruñeses de 1861, os primeiros convocados en Galicia. O autor destaca a dimensión política dos Xogos, destinados polos seus promotores a configurar e asentar o concepto nacional de Galicia, malia o cal négalles o carácter de manifestación inicial do Rexurdimento. O artigo repasa as traxectorias civís das tres personalidades que fixeron posíbeis os Xogos: Antonio de la Iglesia, Pascual López Cortón e Juana de Vega. No primeiro sinálase ao autor intelectual da celebración e da posterior publicación do Álbum de la Caridad (1862). No segundo a quen financiou o proxecto desde unha proximidade cos ideais do librepensamento. Na figura de Juana de Vega, sinala Méndez Ferrín non só a benefactora de numerosas causas sociais e de protección da infancia, senón tamén a muller capaz de aunar vontades e programas no espazo ideolóxico liberal. O traballo presenta alén do anterior un esquema das poéticas comparecentes no Álbum de la Caridad, ecoicas nalgúns casos aínda dos modos do XVIII, abertas outras veces á influencia do movemento romántico.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org