Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rábade Paredes, Xesús (1995)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 14, pp. 199-201.

Breve anotación autopoética na que o autor reconsidera antigas conviccións persoais sobre as capacidades da poesía para modificar o estado das cousas no mundo. Fronte aquela ideación, no momento de redactar esta nota autoindagatoria Rábade Paredes sinala a súa preferencia por unha poesía que evite toda estridencia, todo brillo gratuíto; unha poesía que saiba dialogar co silencio, entendelo de xeito tal que a precisión da palabra sexa quen de traducir a linguaxe as incógnitas da existencia e do paso do tempo. A autopoética vai seguida polo poema en catro tempos "Nai", escrito en versos alexandrinos combinados con hendecasílabos e heptasílabos.

Bibliografía secundaria sobre:
Rábade Paredes, Xesús; Dieste, Rafael.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org