Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Castaño, Yolanda (2002)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 28, pp. 251-262.

Autopoética en prosa e verso acompañada de dous poemas titulados "(Re)ser(vado)" e "Besta". A autopoética constitúe unha reflexión sobre a forma artística. Sitúa o espazo poético como escenario teatral de espellos que desfiguran ao suxeito e o proxectan nun labirinto de delirios, fascinios e símbolos. Os poemas que dan continuidade a este texto amplían as referencias escénicas ao ámbito da música e do circo mercé a inclusións de xorne autoficcional que contrastan a identidade propia coas da cantante e DJ xaponesa Hanayo e o personaxe de Pinoccio, entre outras varias que semellan orientadas a reforzar unha concepción vivencial e á vez fortemente intertextual e interartística da poesía. O poema é así nalgunha medida unha enunciación exploratoria dun ser que en efecto se reserva; un suxeito multiforme, refinado e vulnerábel, que declama/afirma sen acabar de distinguir verdade, mentira e ficción.

Bibliografía secundaria sobre:
Castaño, Yolanda; Hanayo; Pinoccio.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org