Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Redacción de culturagalega.org (2011)
"Poesía para exposicións"
(22/06/2011).
Santiago:
http://www.culturagalega.org
/noticia.php?id=19158

Percorrido pola traxectoria poética alternativa de Xosé María Álvarez Cáccamo, que desde finais dos anos 80 aposta pola creación obxectual e caligráfica, achegando o seu traballo á tradición poética que arrinca do surrealismo e do dadaísmo.

As súas obras Manuscritos do ar e Cántico de topónimos esdrúxulos están feitas de poemas manuscritos que combinan cores e formas, pois Cáccamo afirma que lle gusta "o acto físico de escribir a man", xogar cos letrismos e abrir o diálogo entre poesía e pintura. 

A difusión deste tipo de material, en ocasións próximo ás esculturas, afástase da edición convencional, publicándose en pequenas tiraxes de editoriais como Bourel ou mostrándose en exposicións.


 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org