Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Nesta conferencia, Anxo Angueira reflexiona sobre o papel da lingua galega no proceso de construción nacional. Dende Sarmiento ata Xosé Luís Méndez Ferrín, a cada flexión histórica correspondería unha obra literaria.

Para o estudoso, a primeira declaración de independencia estaría no prólogo de Rosalía a Cantares gallegos, onde o proceso de recuperación da dignidade nacional xira arredor do pobo, da terra e da lingua. Antecedentes foran Sarmiento, Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón e Antonio Fernández Morales e continuadores Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez (o primeiro como inaugurador da poesía política nun galego épico e o segundo como retratista do sistema político literario galego).

As seguintes flexións históricas estarían, primeiro, na fundación das Irmandades da Fala da Coruña (co contributo conservador de Vicente Risco) e, máis tarde, na Xeración Nós coa obra Arredor de si. Manuel Antonio sería pioneiro no intento de intervención no sistema literario, na modificación do seu repertorio e fixación ao excluír o hibridismo lingüístico e apuntar como horizonte político a República Galega independente. As flexións que arribaron a continuación terían proxección literaria na narrativa con Gonzalo Rodríguez Mourullo e Méndez Ferrín.

Bibliografía secundaria sobre:
Aula Castelao; Semana Galega de Filosofía de Pontevedra; Sempre en Galiza; Stalin, Joseph; Bourdieu, Pierre; Nebrija, Antonio de; Sarmiento [pseudónimo de Pedro Xosé García Balboa]; Rexurdimento; Gandersheim, Hrosvita de; Castro, Rosalía de; Cantares gallegos; Borrow, George; Pound, Ezra; Góngora, Luis de; Trueba, Antonio de; Follas novas; Diálogo; Pintos, Xoán Manuel; A gaita gallega; Añón, Francisco; Xogos Florais de 1861; Revolución de 1846; Fernández Morales, Antonio; Ensayos poéticos en dialecto berciano; Pondal, Eduardo; Cabana, Darío Xohán; Shakespeare, William; Goethe, Johann Wolfgang; Curros Enríquez, Manuel; O divino sainete; Alighieiro, Dante; Marón, Publio Virxilio; Eneida; Garibaldi, Giuseppe; Mazzini, Guiseppe; Risorgimento; Tavani, Giuseppe; Bajtin, Mijail; Pardo Bazán, Emilia; Irmandades da Fala da Coruña; Risco, Vicente; Teoría do nacionalismo galego; Beramendi, Xusto; Núñez Seixas, Xosé M.; Partido Galeguista; Bóveda, Alexandre; Frente Popular; Guerra Civil; Mordrel, Olier; Franco, Francisco; Salazar, António de Oliveira; Méndez Ferrín, Xosé Luís; Xeración Nós; Otero Pedrayo, Ramón; Arredor de si; Pérez Sánchez, Manuel Antonio; Máis alá; Fontán, Domingo; Sobrino, Iria; González Millán, Xoán; Figueora, Antón; De catro a catro; Pimentel, Luís; Varela, Lorenzo; Bens, Heriberto [Xosé Luís Méndez Ferrín]; Ferreiro, Celso Emilio; Unión do Pobo Galego; Piñeiro, Ramón; Carballo Calero, Ricardo; Nova Narrativa; Rodríguez Mourullo, Gonzalo; Queizán, María Xosé; Gonsar, Camilo [Camilo González Suárez-Llanos]; Joyce, James; Kafka, Franz; Faulkner, William; Cunqueiro, Álvaro; A esmorga; Blanco Amor, Eduardo; Casanova, Pascale; Novoneyra, Uxío; Retorno a Tagen Ata; Jameson, Fredric; Ahmad, Aijaz; Estatuto de Autonomía; Lei de normalización lingüística; Fraga, Manuel; BNG; Galicia Ceibe; PGP; UPG (LP); Frente Popular Galega; BN_PG; ; Reboiras, Moncho; Bretaña, Esmeraldina; Abalo, Mariano; Sampedro, Francisco; Foucault, Michel; García [rei don García].
 
angueira_2007_lingua.pdf (.pdf 5.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org