Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Anxo Angueira estuda un poema de Rosalía de Castro incluído na segunda edición de Cantares gallegos (1872) e que comeza co cantar popular "miña santiña / miña santasa..."

O autor percorre, en primeiro lugar, as lecturas que tivo o poema dende Ricardo Caballo Calero, Andrés Pociña e Aurora López, Francisco Rodríguez e Catherine Davies. A continuación aborda cuestións ecdóticas, a presenza do cancioneiro popular galego no texto e a tipoloxía do cantar dialogado empregado. A seguir fai unha profunda lectura do poema por unidades dialóxicas, incluíndo unha análise lingüística, léxica e literaria; estuda os dous personaxes protagonistas (costureira e santa) e compara coa obra de Antonio Trueba, a quen Rosalía cita no prólogo.

Angueira conclúe indicando que o poema de Rosalía recolle o contexto do cantigueiro popular pero revírao na defensa da costureira, da súa clase e da súa dignidade. Desta maneira, baixo unha aparencia folclórica, costumista e tradicional ocultaríanse posturas transgresoras vinculadas a unha ideoloxía laica, progresista e protonacionalista.

Bibliografía secundaria sobre:
Cantares gallegos; Poe, Edgar Allan; Sand George [pseudónimo de Amandine Aurore Lucile Dupin]; cancioneiro popular galego; Carballo Calero, Ricardo; Pociña, Andrés; López, Aurora; Rodríguez, Francisco; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro; Davies, Catherine; Lama, María Xesús; Rodríguez Baixeras, Xavier; El Museo Universal; Follas novas; Almanaque [de Soto Freire]; Soto Freire, Manuel; Murguía, Manuel; Bouza Brey, Fermín; Curros Enríquez, Manuel; O Divino Sainete; Bakhtin, Mikhail; Blanco, Domingo; A poesía popular en Galicia 1745-1885; Valladares, Marcial; Casal, Xosé; Cuveiro Piñol, Xoán; Milá y Fontanals, Manuel; Braga, Theóphilo; Leite de Vasconcellos, José; Tobío Campos, Lois; Martínez González, Manuel; Saco y Arce, Juan Antonio; Schubart, Dorothe; Santamarina, Antón; Naya, Juan; Historia de Galicia; Treez, Nuno; López, Teresa; Sarmiento [pseudónimo Pedro Xosé García Balboa]; Colección de voces...; Rodríguez, Eladio; Lorenzo, Xoaquín; Meogo, Pero; Méndez Ferrín, Xosé Luís; Lamas Carvajal, Valentín; Cancioneiro Musical de Palacio; Cantar dos cantares; Rodríguez Herránz, Xoán C.; Cotarelo Valledor, Armando; Cancioneiro da agulla; Cancioneiro popular portuguez; Cancioneiro popular [de Lafuente Alcántara]; Lafuente Alcántara, Miguel; Literatura Popular de Trás-os-Montes e Alto Douro; Cancioneiro da Arouca; Cancioneiro Temático da Ribeira de Lima; Cancioneiro da Cova da Beira; Cantos populares españoles; Rodríguez Marín, Francisco; Cantos populares y literarios; Paláu, Melchor de; Prieto, Carmen; ; Trueba, Antonio; Álvarez Ruíz de Ojeda, Victoria; Wilcox, John C.
 
angueira_2002_rosalia.pdf (.pdf 10.2 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org