Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

As candongas do quirombo (2011)
"Helena a escuras"
1 minuto e 14 segundos





Descrición: Videopoema realizado a partir dun texto de María Rosendo, incluído no seu libro Nómade (Espiral Maior, 2011), gañador do XXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Distintas liñas de continuidade unen esta peza audiovisual coa poética do libro: o afianzamento dunha enunciación feminista, a colectivización da voz, o nomadismo e o tránsito como fórmulas de contestación política.

Tipo de video: Vídeo creación

Formato: flv

Fonte: Vimeo

Dereitos: Licenza Creative Commons: Autoría - Non comercial - Non derivados

Metadatos: Nómade; Rosendo, María; poesía e feminismo; poesía e alteridade; videopoesía; As candongas do quirombo.

Observacións:

Texto do poema:

Parou a choiva
chegou o silencio
houbo un latexar e arumes acedo
tampouco hoxe fomos quen de acender a luz
para as que lle teñen medo á escuridade

xa non máis letras nin fotogramas
xa non máis témperas non coordenadas

desaparecen os trazos

mais aínda ás agachadas
fican exactos os mapas dos teus lenzois
debuxando London City
resumindo Buenos Aires
disfrazando Nairobi

o mosaico pronto para mostrarnos
o lugar onde non estás

ábrense as tebras

e agora,
a lembranza de que tamén na escuridade
a Helena
lle roubaron
o seu agá.

Outros datos técnicos

Música: Silent masters de Fonogeri - Golden Age
Mulleres nómades: Xiana, Isaura, Mané, Lara, Carmen, Olaía, Mai, Mari, Nadina, Laura, Irene, Raquel, Sandra, María e Andrea.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org