Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

A proposta de Tomás Barros é examinar en varios poetas o significado do termo "sombra", coas transferencias e permutacións de sentido que adquire en cada contexto. Utiliza exemplos de  Rosalía de Castro, León Felipe, Luis Cernuda, Charles Baudelaire, Guillaume Apollinaire, Paul Éluard, Pablo Neruda e Miguel de Unamuno. Nun primero momento, Tomás Barros interesouse pola relación da negra sombra con certas crenzas populares galegas, pero derivou cara a outra liña de investigación tras descubrir en moitos outros poetas non galegos o emprego do mesmo símbolo. Interésanlle tamén as lecturas da negra sombra como expresión da angustiosa ausencia do pai e como símbolo de dimensión metafísico-existencial.

 
barros_1975_sombra.pdf (.pdf 607 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org