Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Salgado, Ana (2007)
"As defuntas teñen dengue, mantelo, saia" [recensión do libro de Paco Souto As horas de María, 2007]
Protexta: 3, pp. 18.

Recensión de As horas de María, de Paco Souto, galardoado co Premio de poesía Johán Carballeira 2006. A autora, despois de vincular a traxectoria de Souto coa denominada "poesía dos 90" e con proxectos editoriais xurdidos nesa década como Edicións do Dragón e Letras de Cal, reconstrúe a poética do libro. Esta asenta na composición dunha escrita atravesada pola memoria comunal e o confronto co decorrer da historia. De tal forma que constitúe un imaxinario da perda que admite a lectura de clase. En relación con este aspecto, Ana Salgado relaciona o poemario de Souto con propostas como as de Anxo Angueira, Olga Novo, María Mariño ou Chus Pato.

 
salgado_2007_souto.pdf (.pdf 489 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org