Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Angueira, Anxo (2008)
"Rosalía, Pondal, Ferrín: o testamento"
En Francisco Fernández Rei, Xosé M. García Crego, Rosa López Fernández e Xabier Vázquez López (eds.).
A semente da nación soñada: homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín: pp. 117-122.
Vigo: Xerais.

Neste artigo de homenaxe, Anxo Angueira aborda o subxénero poético do testamento na literatura galega a través da Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Xosé Luís Méndez Ferrín. 

Despois de facer un percorrido pola historia do subxénero dende a poesía medieval francesa, o autor exemplifica co "Testamento do ghebo" de Méndez Ferrín varios poemas de Pondal (sobre todo "Cando jazan do cisne") e "De balde" de Rosalía.Angueira analiza as semellanzas e as diferenzas entre os tres poetas galegos e advirte interesantes paralelismos relacionados coa literatura francesa.

Remata indicando que Méndez Ferrín dialoga co subxénero do testamento a través do seu perfil máis emblemático (Villon, Valle, Brassens) e consegue que "o Vigo canalla e mailo ghebo" entren "na República Mundial das Letras".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org