Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Neste traballo Anxo Angueira mantén que a obra de Antonio Fernández Morales debe "remover de vez o inmobilismo con que a crítica literaria en Galicia (...) aparcou o estudo do século XIX". Tanto o "exilio" en que viu a luz como a súa pésima interpretación privaron os Ensayos poéticos en dialecto berciano de chegar a ser un dos alicerces do sistema literario galego.

A continuación, o autor ocúpase das liñas temáticas preferidas por Fernández Morales, comparándoas coas doutros autores, así como da súa lingua e do seu estilo.

En canto aos temas, Angueira exemplifica a poesía paisaxista; a costumista; a relixiosa e a poesía satírica, crítica e ideolóxica. Outra das compoñentes importantes é a alusión á situación política e cultural do Bierzo a respecto das súas relacións con Galicia e Castela.

No tocante á lingua e ao estilo do poeta do Bierzo, o seu estudoso valora o inmenso caudal léxico, a poesía narrativa, a axilidade nos diálogos, a riqueza de recursos e os trocos métricos.

Por último, Anxo Angueira sitúa a Fernández Morales como un poeta do Rexurdimento, a pesar da súa ausencia nos manuais modernos de literatura.

 

Bibliografía secundaria sobre:
A gaita gallega; Pintos, Xoán Manuel; Album de la caridad; Cantares gallegos; Castro, Rosalía de; Historia da literatura galega contemporánea; Carballo Calero, Ricardo; Santamarina, Antón; VI Xornadas da Cultura e da Lingua Galegas no Bierzo; Asociación Cultural "Escola de Gaitas" de Vilafranca; de la Iglesia, Antonio; Camino, Alberto; Murguía, Manuel; Los precursores; Xogos Florais de 1859; Curros Enríquez, Manuel; Camoes, Luis de; Os Lusíadas; Pondal, Eduardo; Os Eoas; A Virxe do Cristal; García Ferreiro, Alberto; Leenda de groria; de Llano y Ovalle, Francisco; Novoneyra, Uxío; Rexurdimento; Provincialismo; Lamas Carvajal, Valentín; Espiñas, follas e frores; Bajtin, Mijail; Rabelais, François; O Divino Sainete; Meendiño; López Seoane, Víctor; Fauna Mastológica de Galicia; Cubí e Soler, Mariano; Máis alá; Pérez Sánchez, Manuel Antonio; Maxina ou a filla espúrea; Valladares, Marcial; Follas novas; Álvarez, Rosario; Homenaxe á Profesora Pilar Vázquez Cuesta; Cervantes, Miguel de; Atala e Corina; Ícaro; Merlín; Biblia; Literatura Gallega [de Eugenio Carré Aldao]; Añón, Francisco; Pérez Ballesteros, José; Posada, Xosé María; Balboa de Paz, José A.; Revista do Instituto de Estudios Bercianos; Couceiro Freijomil, Antonio; Macías, Marcelo; Martínez Salazar, Andrés; familia Martínez-Risco; Cotarelo Valledor, Armando; López Lajas, Isabel; Padre Sarmiento [así é coñecido de Pedro Xosé García Balboa]; Penzol, Fermín; González Alegre, Ramón; Costas, Xosé Henrique.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org