Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Acuña, Ana (2004)
"Celso Emilio Ferreiro e os poetas"
En Charo Ferreiro e Inmaculada Pena (coords.).
Xornadas sobre Celso Emilio Ferreiro: Actas das xornadas realizadas pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Vigo, os días 28, 29 e 30 de outubro: pp. 61-84.
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Recolle a visión de Celso Emilio Ferreiro sobre os poetas galegos e os seus poemarios a partir de textos pertencentes á etapa madrileña do autor (1973-1979): recensións, prólogos a obras propias e alleas, e conversas publicadas en prensa ou libro. Reciben especial atención as manifestacións autopoéticas realizadas neste período por Ferreiro, e en amplas notas fanse referencias a textos anteriores, como as autopoéticas de 1935, 1955 e 1972. Destaca a análise das noventa e dúas recensións semanais publicadas en castelán no ABC entre 1977 e 1979, practicamente todas positivas en canto aos xuízos críticos sobre autores galegos, sen dúbida un camiño elixido por Celso Emilio Ferreiro para afortalar a, daquela, literatura galega minorizada e necesitada de apoio. Dezanove destas críticas dedícanse a libros de poesía galega. A autora extrae as consideracións que Celso Emilio Ferreiro fai sobre a poesía galega popular, social e amorosa, a psicoloxía social galega, a “antropoética” e o papel negativo –ao seu xuízo– dos críticos. Destacan tamén as afirmacións do autor sobre a historia literaria galega e as que consideraba constantes e modos da poesía galega, dando especial relevancia á vertente de denuncia social, presente desde os Cancioneiros ata os poetas máis novos.

Bibliografía secundaria sobre:
Ferreiro, Celso Emilio.
 
acunha_2004_ferreiro.pdf (.pdf 504 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org