Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Frías Conde, Xavier (2007)
"La poesía gallega de vanguardia: hoy más que nunca en las manos de las mujeres"
En José Ramón Trujillo e Basilio Rodríguez Cañada (eds.).
Actas Poesía última 2006: pp. 196-204.
Cádiz: Fundación Rafael Alberti.

Xavier Frías Conde entende a vangarda poética galega actual fixándose no papel das mulleres a partir da derradeira década do século XX. Na súa exposición fala da poesía escrita por mulleres como unha realidade e considera  que "hai modos de escribir que só foron experimentados por mulleres".

Para o autor, o que comeza a ser unha vangarda de grande interese é o grupo de mulleres que principian a escribir na década dos 90 e que naceron a partir dos 60. Os trazos comúns a todas elas serían: a ousadía na abordaxe dos temas e a ruptura con aqueles tradicionais, a presenza dos temas sexuais, a sensualidade, a frescura idiomática, o emprego de todos os medios de publicación ao seu alcance, a visión feminina do mundo a través da escrita e a reescrita de mitos.

Remata o artigo indicando os nomes desa vangarda poética feminina á que Frías Conde engade dous que non aparecen nas listas canónicas: Ana Cibeira e Viqui Veiguela.  Destas dúas poetas inclúense varios textos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org