Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fernández Armesto, Felipe (1929)
"Un artículo sobre la literatura gallega"
El Pueblo Gallego: 1.643, (29/05/1929). pp. 1.

Extracto dun artigo de Felipe Fernández Armesto publicado no xornal Berliner Taglebatt. O autor presenta un panorama da literatura galega desde o Rexurdimento até a década de 1920. En primeiro lugar, na obra dos precursores destaca un predominio do sentimental, nas modalidades épica, representada por Añón e Curros Enríquez, ou lírica, representada por Rosalía de Castro e Lamas Carvajal. A xeración seguinte, na que sobrancean nomes como os de Vicente Risco ou Otero Pedrayo, constitúe un elo entre os precursores e os novos. Por último, a nova xeración caracterízase polo seu intelectualismo, o seu universalismo e as súas preocupacións sociais. Á fronte deste grupo están Eugenio Montes, Amado Carballo e Rafael Dieste.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org