Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pedrosa, José Manuel (2000)
"El amor forastero: Una canción popular y sus recreadores cultos (Claramonte, Calderón...)...)"
Tradición oral y escrituras poéticas en los Siglos de Oro: pp. 160-182.
Oiartzun: Sendoa.

A seguidilla de século XVII El amor del soldado/ no es más de una hora/ que en tocando la caja/adiós, señora, parece que tivo unha grande difusión naquela época, pois pódese encontrar no Vocabulario de refranes y frases sentenciosas (1627) de Gonzalo Correas, así como en tres pezas teatrais: unha anónima, outra de Claramonte e en El alcalde de Zalamea de Calderon de la Barca. Esta composición foi recollida na tradición oral moderna italiana, española e hispanoamericana, e en Galiza esta seguidilla converteuse nun refrán en que tamén se pode ver como o amor do soldado pasou para o amor do estudante ou para o amor do forasteiro, ou sexa, continúa a advertirse sobre a inconveniencia de namorar con xente de paso ou estranxeira.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org