Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Comentario sobre a etapa de formación de Lois Pereiro con motivo da recepción polo autor dun monográfico sobre o poeta monfortino publicado pola revista Raigame. Méndez Ferrín apóiase nas investigacións de Ana Acuña e destaca a importancia que Madrid tivo na aprendizaxe de Pereiro e de numerosos escritores galegos máis dos séculos XIX e XX. En particular, salienta o maxisterio de Reimundo Patiño sobre o grupo conformado polos irmáns Pereiro, Manuel Rivas e Antón Patiño. Igualmente, Méndez Ferrín entende que na traxectoria do poeta foi por completo decisivo o propósito de procurar novas conexións interculturais, a miúdo a través da tradución, coa produción artística e literaria en linguas inglesa, alemá e francesa. Habería, pois, tamén en Pereiro unha aposta pola relación directa coas culturas centroeuropeas, anglófonas e francófonas sen pasar polas prescricións e os filtros do oficialismo centralista de Madrid e en xeral do Estado español. Por último, sinálase a dimensión grupal e xeracional do colectivo creado arredor da revista Loia.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org