Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Anónimo (1952)
"Tribuna del Centro"
Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona: 1952, pp. 23-25.

Crónica detallada das conferencias pronunciadas no Centro Galego de Barcelona co gallo dos centenarios de Manuel Curros Enríquez, a cargo de Luís Suárez Delgado e Lorenzo Sánchez, e de Emilia Pardo Bazán, a cargo de María Luz Morales e Fernando Neira.

A conferencia de Luís Suárez ábrese cun percorrido biográfico e salienta o poema "Cantiga" de Aires da miña terra. Pola súa banda, o presentador do acto, Lorenzo, a quen a crónica presta máis atención pola súa polémica intervención, demórase na iconografía e nos retratos do escritor, critica o seu papel do intelectual comprometido co seu tempo, e interrógase sobre a popularidade do poeta.

Neira, na súa presentación, retrata a Pardo Bazán como unha das escritoras destacadas nunha xenealoxía de destacadas mulleres galegas. Pola contra, María Luz Morales opta por presentar o seu desexo de escrita (sobre todo como novelista), resume a súa biografía e salienta as súas achegas á narrativa. 

 

 
anonimo_1952_tribuna.pdf (.pdf 805 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org