Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Martínez Barbeito, Carlos (1952)
"Un autógrafo inédito de Rosalía"
Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona: 1952, pp. 4 e 13.

Reprodución facsímil e comentario do autógrafo do poema rosaliano "Ni a oscuras", que forma parte do arquivo persoal do autor, Carlos Martínez Barbeito, grazas a Juan Naya. Infórmase de que esta é unha primeira versión do poema publicado en galego, "¡Nin ás escuras!" de Follas novas, cunha corrección manuscrita de Murguía, que demostra, ao seu ver, o papel de simple colaborador con Rosalía de Castro.

Deféndese que a autora, ao igual que Pondal, escribiu poemas orixinalmente en castelán que logo publicou en galego. Desde o punto de vista de Martínez Barbeito, o bilingüismo dos dous autores fundacionais viría demostrar que o criterio filolóxico non é válido para determinar qué é literatura galega, un tema que se debate noutras páxinas deste número da revista.

O artigo complétase cunha nota biobibliográfica sobre o autor deste artigo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org