Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sobrino Freire, Iria (2008)
"Manuel Vilanova. A esmeralda branca"
Anuario de Estudos Literarios Galegos: 2006, pp. 199-200.

Recensión d’A esmeralda branca, de Manuel Vilanova, que gañou o Premio da Crítica Española ao mellor libro de poesía en lingua galega de 2006. Desde unha relixiosidade de signo vitalista e panteísta, o libro tece unha relación triádica entre natureza, divindade e poesía, coa paisaxe do Ribeiro como pano de fondo. Nas súas páxinas ecoan discursos científicos, históricos, místicos, mitolóxicos, mesturados cunha dose de ironía e de subxectivismo que afastan a obra de calquera tipo de didactismo. Predomina nos poemas a dicción clásica, aínda que se atopan así mesmo influencias do modernismo, o romanticismo e mesmo do surrealismo.

Bibliografía secundaria sobre:
Vilanova, Manuel; A esmeralda branca.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org