Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2007)
"Estudos sobre Eduardo Jorge Bosco: o home, o escritor arxentino e o autor dun excelso poemario galego"
En Jorge Eduardo Bosco.
Poemas en Lingua Galega: pp. 15-65.
Vigo: Xunta de Galicia / Xerais.

Prólogo de Xesús Alonso Montero á edición de Poemas en Lingua Galega de Eduardo Jorge Bosco. O estudo divídese en catro apartados. No primeiro, ofrece datos biográficos do escritor arxentino, ademais dunha explicación do seu achegamento ao galego. Este aspecto permítelle ao prologuista comentar casos semellantes na historiografía literaria galega, en concreto Carles Riba e, quizais, Federico García Lorca.

No segundo punto, ofrece datos de Eduardo Jorge Bosco como escritor, case inédito, e situado dentro da Xeración dos 40. 

No terceiro apartado, Alonso Montero analiza, en primeiro lugar, as lecturas e as fontes do poeta alófono e, en segundo lugar, estuda o seu corpus galego, as edicións e a recepción dos seus poemas.

No cuarto apartado, o prologuista –que posúe os orixinais dos poemas galegos– ofrece notas sobre a lingua de Eduardo Jorge Bosco e explica as versións e as variantes dos seus textos, así como o problema da dedicatoria.

Bibliografía secundaria sobre:
Sabor, Pepita (nome de Josefa Emilia Sabor); poetas alófonos; Riba, Carles; Vila, Pepita; Cantares d´amor, Cantares d´amigo; Arderiu, Clementina; García, Xosé Lois; Seis poemas galegos; García Lorca, Federico; Eliot, Thomas Stearns; Browning, Robert; Villon, François; Mallarmé, Étienne; D´Annunzio, Gabriele; Devoto, Daniel; Lange, Haydée; Rilke, Rainer Maria; Obras (de Jorge Eduardo Bosco); Salas, Alberto; O. de Bosco, Isabel; El gaucho a través de los testimonios extranjeros; Ascasubi, Hilario; Santos Vega; Güiraldes, Ricardo; Don Segundo Sombra; Luna, Sebastián (heterónimo de Eduardo Jorge Bosco); Machado, Antonio; Pessoa, Fernando; Xeración dos Corenta; Molina, Enrique; Uribe, Basilio; Castiñeira de Dios, José María; Girri, Alberto; Granata, María; Orozco, Olga; Chouhy Aguirre, Ana María; Martínez, David; Blanco Amor, Eduardo; Pita, Emilio; Rey Baltar, Ramón; Seoane, Luís; Lence, José R.; Yunque; Obras completas (de Federico García Lorca); de Torre, Guillermo; Llorca, Isabel; Romano, Agustín; Carré Aldao, Eugenio; Literatura gallega; Curros Enríquez, Manuel; Antología de la lírica gallega; de las Casas, Álvaro; Champaurcin, Ernestina; Poemas galegos (de Rosalía de Castro); Follas novas; del Valle Inclán, Ramón María; Sabor López, Francisco; Riera Iturrioz, Carmen; Manual de fuentes de Información; Pedro de Angelis y los orígenes de la bibliografía argentina. Ensayo bio-bibliográfico; Meogo, Pero; de la Cruz, San Juan; Cántico espiritual; Molinari, Ricardo E.; Cinco canciones de amigo; Cancioneiro da Vaticana; Cancioneiro de Colocci-Brancuti; Antología sonora/Archivo de la palabra; Gómez, Miguel Ángel; Varela, Lorenzo; Cuadrado, Arturo; Bernárdez, Francisco Luís; González Carbalho; Galicia Emigrante; Lanza Álvarez, Francisco; Vilanova, Alberto; Dos mil nombres gallegos; Los gallegos en la Argentina; Palmás, Ricardo; Pérez Prado, Antonio; Los gallegos y Buenos Aires; Gran Enciclopedia Gallega; Gómez Paz, Julieta; Díez Canedo, Enrique; Ossorio, Ángel; Azorín (pseudónimo de José Martínez Ruíz); Castela, Emilio; Dantas, Julio; Carreira Varela, Ana María; Cigarrán Iglesias, Carme; Vázquez Rivas, Gloria; Villar, Miro; Quental, Antero de; Larra; Cortázar de Goetkmann, Clara Inés; Goetkmann, Jacques; Axeitos, Xosé Luís; López, Marisol.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org