Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (1999)
"Poesía en galego ó servicio da causa franquista: un romance de cego de 1936 e o seu lugar no mester de mariquería ou mester de mariscolatría"
Resposta escontra unha inxuria, obra de un percebe copreiro de Cortegada: pp. 5-32.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Prólogo de Xesús Alonso Montero á edición facsímile da Resposta escontra unha inxuria, obra de un percebe copreiro de Cortegada. O estudo consta dunha introdución e catro apartados.

No primeiro apartado explica a "historia e política" do termo "mariscos" e repasa as respostas da prensa galega a ese insulto contra os galegos que combatían no bando nacional.

A continuación, Alonso Montero exemplifica o tratamento da cuestión dos "mariscos" na pluma de Luís Moure Mariño e na de Castelao.

No terceiro apartado, recupera textos dunha escola ou mester de marisquería e nos que os "mariscos" son exaltados.

No último punto, o estudoso céntrase no romance de cego asinado polo copreiro de Cortegada, comenta o seu contido e ofrece outros textos do cantigueiro e do romanceiro galego da guerra civil. No tocante á autoría do romance de cego, achéganse datos que parecen apuntar a Lisardo Rodríguez Barreiro.

Bibliografía secundaria sobre:
percebe copreiro de Cortegada; romance de cego; mariscos; mester de marisquería ou mariscolatría; Escrigas, Guillermo; Giral, José; Castelao, Alfonso Daniel R.; Moure Mariño, Luis; Sempre en Galiza; Wellington; Wellesley, Arthur ; Bonaparte, Napoleón; Sigüenza; Julio; Gómez Gayoso, José; Cabanillas Álvarez, Ramón; Cabanillas, Ramón; Goebels, Joseph; Nalgo, Antonio; Franco, Francisco; Solá, Jaime; Mechitas de Vigo; Viso Troncoso, Mercedes; tomates; requetés; Viso, María Antonieta; Cascallar Vázquez, Marina; Sanz y Díaz, José; Lira bélica (Antología de los poetas y la guerra; Leal Insua, Francisco; Ferreiro, Celso Emilio; Curros Vázquez, Adelardo; Fariña, Herminia; López, Leocadio; Mis amores, Dios, patria, Franco; Artes gráficas Gutenberg de Vigo; Rodríguez Fer, Claudio; A literatura galega durante a guerra civil (1936-1939); Pasionaria; Ibárruri, Dolores; Queipo de Llano, Gonzalo; Prado Lameiro, Xavier; Cuíñas Pereira, Pío Lino; Cuíñas, Humberto; Berzas y otras legumbres; Ulloa Varela, Torcuato; Galicia Cómica; Portela Pérez, Francisco; A Tía Catuxa; Galicia en la Guerra; Mini e Mero; Rivas, Xosé Luís; Iglesias, Baldomero; cega de Santa Leocadia; Florencio o cego dos Vilares; Fernández, Modesto; Leiras Pulpeiro, Manuel; Cunqueiro, Álvaro; Trapero Pardo, José; Rodríguez Barreiro, Lisardo; Noriega Varela, Antonio; Rivero, Rogelio; Desfile de bandoleros; Escumas e brétemas; El soldado gallego; literatura galega e guerra civil .
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org