Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tomás Barros comenta o ensaio de Martin Heidegger, Arte e Poesía (título co que se traduciu ao castelán o orixinal Hölderlin e a esencia da poesía, de 1936). Chámalle a atención que faga o filósofo aquí afirmacións, apoiadas en expresións de Hölderlin, sobre a esencia da poesía que contradín a concepción fenomenolóxica da linguaxe de Ser e tempo (1927), onde sostiña que a fala é "en si temporal".  Amosa agora, segundo Tomás Barros, unha concepción idealista, pois di que a poesía fundamenta a linguaxe e instaura o ser, o permanente. E engade que o poeta está situado nun punto como "fóra do mundo". E ainda máis, que a poesía mesma é a "instauración do ser na palabra".

Segundo o autor, Heidegger non argumenta con claridade o afirmado e tampouco non analiza, como fan G. W. F. Hegel ou W. Dilthey, o proceso de formación diferencial da linguaxe poética. Aínda así, di a continuación, fai que as elucubracións dalgúns estruturalistas (como Jan Mukarowski na súa Semioloxía) resulten inxenuas. Barros achega nomes de poetas e estudosos que coinciden ou difiren con respecto ás afirmacións de Heidegger neste ensaio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org