Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Araguas, Vicente (2009)
"O equilibrio vén do útero [recensión do libro de Cristina Ferreiro Real Desequilibras e caer, 2009]
Diario de Ferrol; "Nordesía": (05/04/2011). pp. 20.

Vicente Araguas sinala o papel preponderante das mulleres na poesía galega actual. Aclara que Cristina Ferreiro Real se inscribe no "SentimentalISMO", corrente e proxecto editorial de Xesús Manuel Valcárcel, autor do prólogo deste libro, no que explica certos aspectos da súa tendencia. O crítico sinala en Desequilibras e caer os trazos de orixinalidade, ruptura e escatoloxía, en medidas doses. Pola vontade de estilo e rigor conceptual, a poeta fai que a súa lectura resulte un estímulo, e esa característica a sitúa na liña que comeza en Xohana Torres e continúa con Xela Arias, Luísa Castro, Luísa Villalta, Eva Veiga, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Emma Couceiro, María Lado ou Lucía Aldao, aparte de Chus Pato, que vai máis aló do verso lírico.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org