Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Araguas, Vicente (2009)
"Queremos colo" [recensión do libro de Carlos Fontes Quero colo, 2008]
Diario de Ferrol; "Nordesía": (15/03/2009). pp. 20.

Carlos Fontes (Vilaboa, Pontevedra, 1968), que xa se dera a coñecer en escolmas poéticas, estréase como autor de libro con este título publicado en Espiral Maior. Vicente Araguas reflexiona sobre o tino na escolla de título para asegurar un certo número extra de vendas dun libro, e trae a colación outros casos de paratextos rechamantes de Elena Medel e Luis Muñoz. Detrás do título opina que hai menos orixinalidade: un libro de poesía que o crítico etiqueta de "belixerante ou de tendencia", é dicir, poesía política, que este autor alterna coa poesía erótica. Afirma que o poeta se move nunha liña xa coñecida abondo, e semellante á de Ángel González, Mario Benedetti ou Eduardo Galeano. É dicir, nunha poesía xusticeira, ecoloxista, benhumorada e politicamente correcta.

 
araguas_2009_fontes.pdf (.pdf 551 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org