Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Casas, Arturo (2007)
"Xoán González-Millán: itinerarios teóricos"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 61-68.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
Libro.

Estudo das achegas teóricas de Xoán González-Millán. Enuméranse as cuestións que centraron os seus traballos: a nación desde as teorías da subalternidade, a constitución do sistema literario (antoloxía, nacionalismo literario, canonización, hexemonía sociocultural...) e os procedementos textuais de desintegración (parodia, subversións, silenciamento).

Indícanse as fontes do seu programa teórico para a análise da cultura galega e da nación, a evolución da súa proposta de aplicación aos estudos galegos (ponse como exemplo a introdución e crítica posterior a Itamar Even-Zohar e Pierre Bourdieu) e as súas contribucións á luz dos estudos culturais, a socioloxía da cultura e os estudos poscoloniais (ou estudos da subalternidade).

Este é o texto da intervención de Arturo Casas na homenaxe a Xoán González-Millán que organizou a AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos) no seu VII Congreso, celebrado en Barcelona en 2003.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org