Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (2007)
"A enunciación como estratexia identitaria"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 125-131.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
CD-ROM.

Análise da enunciación poética en (nós, as inadaptadas) (2002) de María do Cebreiro  e m-Talá (2000) de Chus Pato como estratexia para a construción identitaria dun suxeito lírico que se afirma muller, é crítico co imaxinario cultural herdado e revisa o repertorio de figuracións da femineidade en textos literarios e fílmicos. A enunciación constitúe así unha ferramenta poética e política para deconstruír desde a linguaxe o suxeito hexemónico e afirmarse no "nós, as outras", tal como o explica Ana Romaní.

Este artigo recompilouse en Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005) e mais na tradución deste libro, Género y nación. La construcción de un espacio literario (2009).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org