Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fuentes, Víctor (2007)
"Vigencia y exaltación de Rosalía de Castro en los escritores gallegos del exilio"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 117-124.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
CD-ROM.

Análise dos estudos rosalianos levados a termo no exilio, en particular por parte de investigadores galegos nas universidades dos Estados Unidos, algúns deles tamén poetas: Ernesto Guerra Da Cal, Emilio González López, Xosé Rubia Barcia e Ramón Martínez López.

Víctor Fuentes defende que eles constitúen un dos fundamentos do hispanismo plural que se desenvolve nos Estados Unidos e afirma que o seu achegamento a Rosalía procuraba un dobre obxectivo: estudar a escritora clásica e, ao tempo, manter viva a idea fanada polo franquismo de Galicia como nación e da II República desde a vivencia do exilio. Detállanse todas as súas contribucións e demórase nas influencias e homenaxes a Rosalía de Castro que aparecen na obra poética de Rubia Barcia e Guerra Da Cal. Defende que estes poetas, por medio da intertextualidade, proxectan a vivencia do exilio en tópicos rosalianos como a estranxeiridade, a morte e a negra sombra.

Destácase que os primeiros traballos rosalianos publicados en América de autoría feminina son unha nota de Ernestina Champourcin, no número que lle dedica a revista Galicia co gallo do centenario da poeta, que tivo lugar en Bos Aires en 1939, a tese de doutoramento de Alicia Santaella, defendida tamén na Arxentina, e mais un libro de Luisa Carnés, publicado en México.

 
fuentes_2007_rosalia.pdf (.pdf 861 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org