Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Martínez-Pereiro, Carlos Paulo (2000)
"Deus é un fenómeno local que varía conforme o clima. Da tradición (im)prescindíbel"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 515-522.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

Deféndese o carácter imprescindíbel da tradición na conformación da literatura. Para demostralo, Martínez-Pereiro ofrece unha prolixa enumeración de exemplos tirados das literaturas brasileira, galega e portuguesa de todos os tempos e analiza o comportamento da tradición na vangarda antropofáxica brasileira na disxuntiva tradición/innovación, calificada por Basilio Losada como "vangarda dos pobres". 

A xeito de conclusión dá tres razóns na defensa do carácter imprescindíbel da tradición nos sistemas literarios resistentes: por constituír un trazo de diferenciación, por ser o elemento que permite a carnavalización do alleo e por actuar como garante contra a imposición da memoria allea validada polos mecanismos apátridas da globalización.

Este artigo é unha versión abreviada da ponencia de Carlos Paulo Martínez-Pereiro no XIX Galeuzca, que tivo lugar en Morella en 1999.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org