Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Gómez, Xesús (2000)
"A vangarda galega: entre o mito e a imaxinería. Diálogos imaxinarios"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 427-433.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

O texto consta de dúas partes: unha exposición crítica sobre o concepto de vangarda e un diálogo no que se debate desde a socioloxía literaria a vangarda galega.

Xesús González Gómez coida que o concepto vangarda só debe ser aplicado a acción de grupos ou movementos e non de individuos, polo que o termo non se pode aplicar con propiedade á literatura galega, e en particular a Manuel Antonio. Defende que o emprego inapropiado do termo só serve para crear unha imaxinería que se opón á verdade.

Seguindo a socioloxía institucional de René Lourau e Georges Lapassade, apúntase unha explicación ao enfrontamento de Manuel Antonio coa Irmandade da Coruña. Refuga considerar a polémica nos termos "vellos"/"novos" como binarismo ahistórico, e propón considerar as Irmandades como movemento contrainstitucional e autoxestionario. Neste sentido considéranse acertados os traballos de Antón Capelán, en tanto que estudos empíricos sobre a literatura para reconsiderar o concepto de vangarda na literatura galega.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org