Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Lama López, María Xesús (2000)
"Basilio Losada na revista Grial"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 477-484.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

Estudo dos textos de Basilio Losada na revista Grial, sobre todo na sección de crítica de libros, onde colabora de maneira continuada con recensións sobre todos os xéneros literarios.

No ámbito da poesía Lama salienta a lectura sobre a obra de Rosalía de Castro porque supera tópicos, o recoñecemento aos escritores do exilio (en particular Luís Seoane) e, ademais, as interesantes notas sobre creación literaria en Cataluña (Manuel Casado Nieto e Xavier Costa Clavell). Afírmase que hai dúas xeiras no labor de Losada como crítico de poesía: por unha banda, as recensións publicadas a finais dos sesenta, onde se defende a poesía como comunicación e, por outra, as da década de 1980, onde se mostra atento aos autores máis novos e ao culturalismo.

 
lama_2000_losada.pdf (.pdf 648 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org