Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González-Millán, Xoán (2000)
"Un proxecto antolóxico en A Nosa Terra (1907-1908)"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 434-441.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

Estudo e repertorio da antoloxía de poetas galegos publicada ao longo de 60 números en A Nosa Terra.

Defende que esta antoloxía foi concibida como  ferramenta cultural que mostra a expresión fidedigna da identidade galega a través da poesía en galego e, xa que logo, se converte nun instrumento literario privilexiado para reivindicación nacional.

Salienta a importancia que se lle concede ao feito de o poema contar con musicalización previa como criterio para figurar na antoloxía e sublíñase a cativa presenza de Rosalía de Castro, debida ao complexo proceso de canonización de que foi obxecto. Esta sección en A Nosa Terra é a versión previa da antoloxía publicada en Literatura gallega (1911) por Carré e ofrécese a nómina completa de textos e autores. O artigo inclúe un apéndice cun repertorio de antoloxías publicadas entre finais do século XIX e 1936, que comparten parcialmente a escolma de textos publicada en A Nosa Terra.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org