Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (2000)
"Os prólogos galegos de Basilio Losada, unha proposta de crítica poética"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 419-426.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

Estudo dos fundamentos da crítica poética de Basilio Losada a través dos seus prólogos.

O prólogo, no que ten de captatio, permite desenvolver o que Losada denomina "crítica impresionista", unha lectura do texto de creación marcada pola subxectividade e a complicidade co texto e a instancia autorial. A partir das década de 1980 os prólogos de Losada, en particular os que escribiu para a colección Leliadoura de Sotelo Blanco Edicións, aséntase nunha fórmula recorrente e característica: lectura en primeira persoa, procura de conexión dos textos que se prologan cos clásicos e motivos fundamentais da historia da literatura, vontade didáctica e demostración de que a literatura galega é equiparábel a outras literaturas. No debate entre comunicación/coñecemento defende a emoción e o "misterio poético" como punto de indeterminación, un trazo que diferencia a poesía doutros xéneros literarios.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org