Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pereiro, Lois (1984)
"Verschwende deine Jugend"
22 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao recital ofrecido polo grupo poético De amor e desamor en 1984, como homenaxe a Castelao no ano en que a Xunta de Galicia trasladou os seus restos ao Panteón dos Galegos Ilustres. O poema foi incluído con posterioridade no volume Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas, 1992).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Metadatos: Pereiro, Lois; De amor e desamor; Poemas 1981-1991; recital poético.

Observacións:

"VERSCHWENDE DEINE JUGEND"

 

Será unha invasión máis

ó mercurio inconstante do pasado

afiados os coitelos da memoria

nun presente salvaxe que me instrúe.

 

Chovendo pra ferir unicamente

esta noite industrial definitiva

de agullas líquidas en fero ataque unánime

espetando a súa acústica blindada

neste insonio ilegal de etcéteras.

 

[Texto tomado de Poemas 1981-1991, Santiago de Compostela, Edicións Positivas, 1992]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org