Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Losada, Basilio (2000)
"Última lección: la obra de Rosalía"
En Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.).
Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco: pp. 79-92.
Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona.

Transcrición, revisada, da última lección de Basilio Losada como profesor na Universitat de Barcelona.

Estúdase a obra literaria de Rosalía de Castro como escritora clásica e fundacional da literatura galega e, pola contra, ponse en evidencia o descoñecemento das súas achegas fóra dos estudos galegos, como consecuencia da pouca atención que lles presta ás literaturas marxinais que son, porén, as que teñen maior capacidade de innovación e de tratar temas realmente interesantes.

Fai un percorrido pola súa biobibliografía e demórase nas diversas lecturas rosalianas, centradas no pobo (non no folclore), na saudade, nas mulleres de clase popular, na súa relixiosidade (alicerzada no "silencio de Deus" e a inxustiza contra os inocentes). Coméntanse de vagar Follas novas e mais as novelas La hija del mar, Flavio e El Caballero de las botas azules.

 
losada_2000_rosalia.pdf (.pdf 872 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org