Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Comentario crítico sobre o libro Poemas 1981-1991de Lois Pereiro. Céntrase na concreción das súas características máis destacadas nas esferas temática, léxico-semántica, sentimental e compositiva, con atención ao fenómeno da reescritura, ao que Pereiro era moi proclive e que González Gómez considera excedente para a comunicación poética. Asemade, de xeito moi destacado, o artigo detense na delimitación dunha tradición específica para a poética dun autor que escribiu, segundo a observación do crítico, para verbalizar estados de ánimo. Nesa tradición, a produción expresionista austríaco-alemá ocuparía un lugar privilexiado. Xusto por isto, González Gómez argumenta a singularidade da proposta de Pereiro, sen referentes claros na historia literaria galega desde o punto de vista dos repertorios e os discursos desenvolvidos. Porén, en Pereiro existiría, segundo el propio deixou dito, unha conexión co substrato cultural e antropolóxico dun pobo que "sabe suicidarse". Nese plano, a recensión do primeiro libro de poemas de Lois Pereiro ofrecida por González Gómez analiza a presenza nos poemas (tamén na súa construción ou articulación interna) da ironía, o escepticismo, a desolación e en especial o sarcasmo. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org