Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Losada, Basilio (1994)
"Luís Seoane: estética e compromiso"
Commemoración das Letras Galegas 1994 na Universitat de Barcelona. Homenaxe a Luís Seoane (Buenos Aires, 1910 - A Coruña, 1979): pp. 5-7.
Barcelona: Universitat de Barcelona.

Semblanza de Luís Seoane e achegamento á súa obra no caderniño editado por Filoloxía Galega, da Universitat de Barcelona, co gallo do Día das Letras Galegas. Losada valora como crítico e como amigo ao artista ético e marcado pola historicidade, comprometido cun tempo, con Galicia e co seu pobo. Valórase a súa obra poética en paralelo á pictórica: a cor que reborda a liña do debuxo ten un correlato na escrita, na que a paixón vai alén das convencións formais do poema; o mural mantén o alento épico que caracteriza os seus versos; e o desexo que lle manifestou Seoane de pintar grandes espazos públicos cadra coa súa escrita pensada tamén para comunicar cun público amplo. Destácase o seu compromiso coa emigración galega, que o levou a unha polémica con Celso Emilio Ferreiro.

Bibliografía secundaria sobre:
Seoane, Luís; Ferreiro, Celso Emilio.
 
losada_1994_seoane.pdf (.pdf 1.3 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org