Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Forcadela, Manuel (2001)
"Os versos de Dionisos e a diglosia de Apolo"
Vento do Leste. Revista de Cultura, Arte e Sociedade: 8, pp. 5-7.

Manuel Forcadela, poeta e crítico da chamada poesía dos 80, revira o tópico sobre a falta de compromiso nas poéticas culturalistas da súa xeración. En contraposición á idea de que a poesía dos 80 respondía a unha fórmula literaria evasionista, emprega o paradoxo dun "culturalismo comprometido" fronte a un "realismo evasivo".

A aposta por referentes e formas clásicas constituía un reto normalizador para un sistema literario marcado pola diglosia, e afirma que o seu resultado foi unha época de esplendor literario sen equivalente na historia da literatura galega. Por outra banda, o chamado realismo social deixara de ser un modelo literario válido nin sequera para os poetas de referencia nesa tendencia, como Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín, que, pola contra, viraban as súas poéticas cara á infancia (en Onde o mundo se chama Celanova) ou á procura dos referentes culturalistas (en Con pólvora e magnolias).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org