Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Paz, Sara (2011)
"Lois Pereiro. As armas da paixón"
15 minutos e 45 segundos





Descrición: Vídeo informativo sobre Lois Pereiro, no que diversos especialistas no poeta analizan as claves da súa obra. Edición: Luís Aldegunde. Guión: Sara Paz. Fotos: Lois Pereiro e Manuel Vilariño. Colaboración: C.P.I. dos Dices (Rois) e C.P.I. da Baña.

Tipo de video: Vídeo informativo

Formato: flv

Fonte: youtube.com

Metadatos: Pereiro, Lois; Pereiro, Xosé Manuel; Lopo, Antón; Losada, Antón; Patiño, Antón; Macías, Paco; Lamas, Menchu; Casas, Arturo; análise poética.

Observacións:

O vídeo recolle as declaracións de Xosé Manuel Pereiro, Antón Lopo, Antón Losada, Antón Patiño, Paco Macías, Menchu Lamas e Arturo Casas, amigos do poeta ou especialistas na súa obra. Estrutúrase de acordo cunha estratexia de dicionario, pois as entradas ás intervencións están marcadas polas acepcións dos vocábulos "poeta, personalidade, influencia, intensidade, vangarda, xeración, comprometido". Intercálanse imaxes diversas, como a estación ferroviaria de Monforte, O Incio, lugares de Madrid relacionados co poeta, e a lápida de Lois Pereiro, que pecha o vídeo mentres se escoita o poeta recitar os versos de seu epitafio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org