Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Folgueiras López, Mónica (2003)
"Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf"
Lectora. Revista de Dones i Textualitat: 9, pp. 217-219.

Recensión crítica do ensaio sobre mulleres e literatura coordinado por Belén Fortes. As colaboradoras no volume debían responder a tres cuestións para analizar a literatura galega de mulleres a partir de diversos ensaios de Virginia Woolf: se existe unha cosmovisión e, xa que logo, unha escrita feminina diferenciada; a necesidade ou non de que as mulleres practiquen unha escrita reivindicativa da diferenza sexual; e se hai correlación entre a incorporación social das mulleres e a súa presenza na literatura. O conxunto de respostas constitúe un estado da cuestión sobre os aspectos fundamentais da literatura de mulleres: escrita feminina, visibilización, exclusión, linguaxe non sexista, estratexias niveladoras da masculinidade dominante, entre outros. Os ensaios de Ana Romaní, en particular, e de María do Cebreiro teñen tamén consideración de poéticas, na medida en que reflexionan sobre a literatura desde a súa experiencia como creadoras.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org