Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (2002)
"'As mulleres sostemos a metade do ceo': Xohana Torres entra na Real Academia Galega"
Lectora. Revista de Dones i Textualitat: 8, pp. 141-146.

Estudo da obra literaria de Xohana Torres co gallo do seu ingreso na Real Academia. Valórase o número de académicas e considérase positivo este recoñecemento a unha escrita politicamente comprometida co feminismo e nacionalismo. Faise un percorrido por toda a súa obra literaria, tanto en relación á constitución dun sistema literario galego como a un repertorio distintivo de mulleres. Saliéntanse nas súas achegas poéticas o protagonismo feminino e as diversas figuracións asociadas, particularmente a súa reescrita de Penélope. Reprodúcense as traducións do poema "Penélope" en catalán e español (este, feito pola propia Xohana Torres), publicadas con anterioridade na antoloxía Rías de tinta (1999). Este artigo recompilouse, revisado, en Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005) e mais na tradución deste libro, Género y nación. La construcción de un espacio literario (2009).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org