Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Díaz, Xosé (1994)
"A peripecia vital de Luís Seoane en relación ao seu pensamento e á súa obra"
Vento do Leste. Revista de Cultura, Arte e Sociedade: 1, pp. 18-19.

Semblanza biográfica, artística e ideolóxica de Luís Seoane, feita por Xosé Díaz, fillo de Isaac Díaz Pardo, e colaborador de Seoane no proxecto Sargadelos. Séguense os anos de infancia e particularmente os anos de formación en Compostela, onde aprende a pintar baixo a influencia de Manuel Colmeiro. A súa vida ofrécese como un modelo de compromiso, esforzo e loita e afírmase que nesa altura o labor de Seoane non era abondo coñecido, nin recoñecido, en Galicia. O artigo acompáñase con debuxos do propio escritor, entre eles a cuberta que preparou para Cantata en la tumba de Federico García Lorca de Alfonso Reyes.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org