Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (1994)
"Na brétema do exilio, Seoane"
Vento do Leste. Revista de Cultura, Arte e Sociedade: 1 Edición. pp. 14-16.

Nota biobibliográfica sobre Luís Seoane, publicada no ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Tracéxase o seu perfil biográfico, a súa formación e o seu papel chave na Arxentina, a onde chega como exiliado logo da victoria do Xeneral Franco. Seoane, un dos persoeiros centrais e máis activos da cultura galega en Bos Aires, recoñecido como artista plástico, e vinculado ao mundo editorial, decide escribir como consecuencia do seu compromiso como galeguista e marxista coa nación, coa comunidade emigrante e co pobo galego. O percorrido pola súa obra permite constatar unha vontade de escrita en diversos xéneros e, particularmente, a súa visión política da realidade galega e da súa historia. O artigo complétase cunha listaxe da súa bibliografía literaria.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org