Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Losada, Basilio (1983)
"Manuel Leiras Pulpeiro"
Treboada. Revista do Centro Galego de Barcelona: 7, pp. 3.

Nota biobibliográfica divulgativa sobre o autor do Día das Letras Galegas, Manuel Leiras Pulpeiro. Deféndese que unha das principais achegas desta celebración é a recuperación de obras e figuras pouco coñecidas, así como a posibilidade de divulgar as súas contribucións, como aconteceu con Leiras Pulpeiro, o escritor homenaxeado en 1983, epígono dos escritores do Rexurdimento.

O perfil biográfico salienta a súa formación clásica no Seminario de Mondoñedo, a súa ideoloxía progresista, un interese singular polo galego dialectal do norte de Lugo, a importancia do ruralismo e a pegada da tradición progresista na súa escrita. Faise referencia ás obras completas publicadas en Nós e logo reeditadas por Xosé Luís Franco Grande en Galaxia. A nota remata con este destacado: "Mercade libros en galego".

 
losada_1983_leiras.pdf (.pdf 371 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org