Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Varela Sieiro, Xaime (2001)
"Cesáreo Carballido: e París segue creando literatura galega"
Vento do Leste. Revista de Cultura, Arte e Sociedade: 8 Edición. pp. 13-16.

Recensión sobre dous libros do poeta lugués asentado en Francia, Cesáreo Carballido, sede auga (2000) e pequeno sol satélite (2001). Xaime Varela, que foi profesor de galego en París, abre o artigo facendo un reconto dos escritores galegos que escribiron ou publicaron en Francia ao longo do século XX, entre os que aparece un número importante de escritores comunistas.

Complétase a panorámica da cultura galega en Francia cunha listaxe da prensa periódica galega publicada alí. A seguir ofrécese unha breve ficha biobibliográfica de Cesáreo Carballido e mais un achegamento á súa obra poética. Ponse en relación o concepto de verdade do filósofo Alain Badiou coa súa concepción da creación. As continuas referencias metapoéticas evidencian que se deposita na linguaxe e na parodia unha esperanza liberadora e que o poema se ofrece como espazo de resistencia fronte ao pensamento dominante e as formas de imposición da sociedade burguesa e o mercado.

O artigo remata cun poema inédito breve cedido para esta publicación.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org