Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Lembranza da intervención en Galicia: chove sobre mollado, unha sesión en defensa do atlantismo celebrada en Santander, na Universidad Internacional Menéndez Pelayo en 1986. O artigo publícase no monográfico que Luzes de Galiza lle dedica a Lois Pereiro logo da súa morte. O obxectivo do acto, presentado como festa galega, era confrontar as teses de Luis Racionero sobre os bárbaros do norte e  defender o atlantismo, que nesa época se convertera nun trazo afirmativo da identidade galega, oposto á construción cultural da España franquista, asentada nunha narrativa do sul e do Mediterráneo caduca. Fermín Bouza, que participou no acto xunto con outros antigos integrantes de Loia, como os irmáns Pereiro, Suso Iglesias ou Carmen Peña, relata as conversas na viaxe cara a Santander, e describe a Lois Pereiro como un "corpo-Quixote". O texto remata coa fórmula "Máis alá", que serve de despedida e ao tempo se afirma nunha actitude de vangarda.

 
bouza_1997_pereiro.pdf (.pdf 456 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org