Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bermúdez, Silvia (2001)
"Festa da Palabra y el canon literario gallego contemporáneo: la labor (des)mitificadora de Chus Pato y Ana Romaní"
En María Luz Suárez e Isabel Seoane (coords.).
Letras galegas en Deusto: dez anos de estudios galegos, 1991-2001: pp. 33-44.
Bilbao: Universidade de Deusto.

Estudo sobre a contribución de Festa da Palabra Silenciada de cara a unha re-visión do imaxinario identitario e cultural galego. Silvia Bermúdez anota que abriu espazos á creación e á crítica literaria, ubicando as estudiosas e críticas galegas no proceso de elaboración dunha historia literaria feminista. Logo de mentar a Xohana Torres como modelo postulado pola revista de escritora galega acorde co final do século XX e comezo do XXI, céntrase na análise de dous poemas concretos, un de Chus Pato ("Como será entón o meu nome...") e o outro de Ana Romaní ("Camiñan descalzas polas rochas...") enfiando así unha visión case emblemática dos cuestionamentos ao canon nacidos ao abeiro da revista e do movemento feminista paralelo e concorrente.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org