Hai varios romances da tradición oral moderna que teñen como protagonistas padres e frades de aventuras picarescas, sempre cun tratamento burlesco e anticlerical. O máis popular de todos é O padre pide chocolate, tamén coñecido como O cura e a criada. Na tradición de Galiza a lingua autóctona ten unha notábel presenza neste romance, sobre todo no inicio, debida á asociación da lingua galega cos asuntos xocosos ou burlescos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org