Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Presentación e contextualización d' As arpas de Iwerddon dentro da obra de Luz Pozo Graza, desde os seus primeiros libros en castelán ata Medea en Corinto (2003). Descrición da arquitectura do libro, empezando polo marco paratextual (títulos e dedicatorias, algunhas das cales teñen unha sinalada implicación textual). Análise do contido: a partir da viaxe da “eu poética” a Irlanda, chégase á fusión das culturas irlandesa e galega a través da reescritura poética de pezas tradicionais e elementos míticos, como os transmitidos polos libros do Leabhar Gabhala. A fusión final é mística, tras un proceso que inclúe profecía, interpretación do cotián como signo do misterio, invocación do amado morto, etc. Salienta a feliz osmose entre ficción literaria e realidade cotiá como medio de coñecemento do mundo.

Proponse neste limiar unha lectura da estrutura interna do poemario, a xeito de guía de lectura, con escalas en: "Preámbulo", "Invocación", "Preparación para a viaxe mística" e "Viaxe".

Analízase, a seguir, a estrutura externa do libro, percorrendo a disposición gráfica, a métrica, a retórica e as claves culturais e persoais dos poemas. Esta guía ofrécese ao lector como epílogo (proponse a posposición da súa lectura) para non asañar a maxia dunha primeira lectura persoal.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org