Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2004)
"Editar poesía civil en galego no ano 1968"
En Celso Emilio Ferreiro.
Viaxe ao País dos Ananos: pp. 7-15.
Vigo: Xerais.

Prólogo de Xesús Alonso Montero á edición, preparada por Armando Requeixo, da obra de Celso Emilio Ferreiro Viaxe ao País dos Ananos.

O prologuista analiza, a propósito da correspondencia mantida con Celso Emilio Ferreiro, as dificultades para editar poesía en galego no ano 1968 e as exemplifica coa súa experiencia como tradutor, prologuista e interventor lingüístico da obra do poeta de Celanova. As primeiras cartas de Celso Emilio permítenlle tratar sobre a edición bilingüe de Longa noite de pedra, sobre os problemas coa censura, o éxito de vendas e o contacto con Ciencia Nueva para a publicación de Viaxe ao País dos Ananos. As seguintes ofrecen datos sobre a censura exercida polo Ministerio de Información y Turismo e os seus efectos sobre este libro.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org